Club Unión Balonmán Lavadores
29/05/2022 a las 13:43
Máis celebracións na clausura das Escolas Deportivas 2021-2022
Unha nova celebración na clausura do Programa de Escolas Deportivas 2021-2022 esta mañá no Pavillón de Lavadores coa participación do CD Carballal BM, do Galicia Social, do BM Seis do Nadal Coia e da UB Lavadores.
Mini Balonmán e entrega de medallas para todos os xogadores e xogadoras da man do Concello de Vigo e coa presencia do Alcalde, don Abel Caballero, acompañado do Concelleiro de Deportes, don Manel Fernández.