Unha tempada máis botan a andar as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Vigo, organizadas polo Instituto Municipal dos Deportes, sendo o noso club un dos encargados de levalas adiante, no noso caso no Pavillón de Lavadores.
Agradecemos o I.M.D. a confianza que ano tras ano deposita no noso Club, no traballo que facemos en prol do balonám e, do que é mais importante, da formación física e humana dos nosos xovenes xogadores e xogadoras.
Facemos pois unha chamada a todos os nenos e nenas do barrio, e de toda a cidade, para que vos animedes a participar e disfrutar connosco do Balonmán. E vos anotedes na nosa escola a partir do primeiro de setembro.
Inscrición nos Programas Municipais de Escolas Deportivas
Os obxectivos deste programa son: - Promover, potenciar e recoñecer a actividade desempeñada polas entidades deportivas, recoñecidas polo Concello co indicativo de calidade, na promoción da súa modalidade deportiva. - Fomentar a práctica deportiva entre os alumnos e alumnas, como complemento á súa actividade física. - Educar nos valores de cooperación e solidariedade no desenvolvemento dunha actividade deportiva. - Recoñecer as súas capacidades no desenvolvemento dunha actividade deportiva.
A quen está dirixido
Calquera alumno ou alumna en calquera entidade para o desenvolvemento da modalidade deportiva desexada, que cumpra os requisitos de idade de cada modalidade deportiva ofertada, sempre e cando haxa prazas e por rigurosa orde de inscripción. A idade xeral de matriculación é para tódolos nenos e nenas nacidos entre o ano 2006 e 2015, inclusive. Tódolos nenos e nenas que se matriculen no plazo de inscrición permanente ata o mes de abril deben ter cumplidos os seis anos de idade. Calquera alteración na data de nacemento será motivo de exclusión das escolas. Como facelo presencialmente:
Deberáse entregar nas oficinas do I.M.D. a ficha de inscrición debidamente cumprimentada (os menores de 6 anos deberán presentar ademáis fotocopia do libro de familia cotexado co orixinal ou documento acreditativo da data de nacemento), xunto co xustificante da transferencia bancaria do pagamento da taxa da matricula . Se lle fará entrega dun carné. Este carné será o documento acreditativo que se lle poderá requerir en calquera momento na instalación onde se desenvolva a escola. Pago: 44,25 €
Formas de Pago:
- Alumnos antigos: O pago realizarase por transferencia bancaria en Caixanova.
- Alumnos novos: O pago do prezo da matricula poderase ingresar, unha vez confirmada a praza, na conta de Caixanova.
Solicitudes de exención de pago. Os solicitantes da exención de pago do Programa, deberán realizar estos 3 pasos antes de acudir a reservar a praza de maneira presencial, ás oficinas do Complexo Deportivo de Travesas.
Pre-inscripción:
Documentación requirida
Observacións
- Ó longo do curso desenvolveranse competicións internas nas diferentes modalidades deportivas e xornadas de clausura das diferentes modalidades. Prazos: Primeiro Prazo de Inscripción: Do 5 o 22 de setembro. Alumnos antigos: Do 3 ao 4 de setembro, ámbolos dous incluidos, soamente alumnos de patinaxe. Do 8 ao 10 de setembro, ámbolos dous incluidos, soamente alumnos de ximnasia rítmica. Do 14 ao 17 de setembro, ámbolos dous incluidos, alumnos antiguos de todas as modalidades e alumnos que queiran cambiar de modalidades. Os alumnos antigos que queiran matricularse nos prazos anteriores deberán traer o ingreso en banco formalizado. Alumnos novos e antigos (estes últimos, que non se matricularan nos seus prazos correspondentes): Do 21 ao 24 de setembro, alumnos de novos e antigos de todas as modalidades. Estes alumnos non deberán realizar o ingreso no banco ata confirmar praza. Segundo Prazo de Inscripción: Do 5 ao 3 de outubro nas modalidades con prazas libres. Outros Prazos de Inscripción: Unha vez finalizado o segundo prazo de inscripción, ábrese un prazo permanente durante todo o curso ata o mes de abril, inclusive. Dende o 10 ao 22 de cada mes, nas modalidades que indique o IMD, sempre que haxa prazas vacantes e cumprindo con todos os requisitos de inscripción.
Oficinas
Instituto Municipal dos Deportes Avda. de Castrelos 1 Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 15 de xuño ata o 15 de setembro. Trámite online pinchando no enlace. Para información actualizada abrir o PDF do ano 2020-2021. © Concello de Vigo |