Unha tempada mais botan a andar as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Vigo, organizadas polo Instituto Municipal dos Deportes, e das que o noso club é o encargado de leva-las adiante, no Pavillón de Lavadores. Agradecemos o I.M.D. a confianza que ano tras ano deposita no noso Club, no traballo que facemos en pro do balonám e o que é mais importante, na formación física e humán d@s nos@s xoves xogadores.
Facemos pois unha chamada a tod@-l@s nen@s da Parroquia, para que vos animedes a participar e disfrutar connosco do Balonmán, e vos anotedes na nosa escola a partires do primeiro de setembro.
Lista de trámites
Inscrición nos Programas Municipais de Escolas Deportivas
![]()
Os obxectivos deste programa son: - Promover, potenciar e recoñecer a actividade desempeñada polas entidades deportivas, recoñecidas polo Concello co indicativo de calidade, na promoción da súa modalidade deportiva. - Fomentar a práctica deportiva entre os alumnos como complemento á súa actividade física. - Educar nos valores de cooperación e solidariedade no desenvolvemento dunha actividade deportiva. - Recoñecer as súas capacidades no desenvolvemento dunha actividade deportiva.
A quen está dirixido
Calquera alumno en calquera entidade para o desenvolvemento da modalidade deportiva desexada, que cumpran os requisitos de idade de cada modalidade deportiva ofertada, sempre e cando haxa prazas e por rigurosa orde de inscripción. A idade xeral de matriculación é para tódolos nenos nacidos entre o ano 1993 e 2003, inclusive. Tódolos nenos que se matriculen no plazo de inscrición permanente ata o mes de Abril deben ter cumplidos os seis anos de idade. Calquera alteración na data de nacemento será motivo de exclusión das escolas. Como facelo Presencialmente
Deberáse entregar nas oficinas do I.M.D. a ficha de inscrición debidamente cumprimentada (os menores de 6 anos denerán presentar ademáis fotocopia do libro de familia cotexado co orixinal ou documento acreditativo da data de nacemento), xunto co xustificante da transferencia bancaria do pagamento da taxa da matricula . Nese momento o alumno deberá cumprimentar o carné que se le fará entrega no momento da inscrición o que lle deberá engadir unha foto tamaño carné. Este carné será o documento acreditativo que se lle poderá requerir en calquera momento na instalación onde se desenvolva a escola. Pago: 39,35 €
Formas de Pago:
- Alumnos antigos: O pago realizarase por transferencia bancaria en Caixanova.
- Alumnos novos: O pago do prezo da matricula poderase ingresar, unha vez confirmada a praza, na conta de Caixanova.
Número de conta Caixanova: 2080006530/0040022908 Exención: Estarán exentos de pago os alumnos pertencentes a unidades familiares que non superen os seis mil euros anuais. Para elo deberán presentar a documentación acreditativa que o xustifique (Declaración de Facenda ou xustificante de Facenda que indique os seus ingresos). Pre-inscripción: Nas modalidades que necesiten pre-inscripción, esta entregarase nas oficinas di IMD. Para que se poida realizar a modalidade deberá haber un mínimo de 15 alumnos. Para confirmala deberán chamar por teléfono, a partir do 25 de setembro e ata o 26 de setembro, ao número 986 236 809 ou achegarse as oficinas do IMD. Documentación requirida
Observacións
- Ó longo do curso desenvolveranse competicións internas nas diferentes modalidades deportivas e xornadas de clausura das diferentes modalidades. Prazos: Primeiro Prazo de Inscripción: Do 5 o 22 de setembro. Alumnos antigos: Do 3 ao 4 de setembro, ámbolos dous incluidos, soamente alumnos de patinaxe. Do 8 ao 10 de setembro, ámbolos dous incluidos, soamente alumnos de ximnasia rítmica. Do 14 ao 17 de setembro, ámbolos dous incluidos, alumnos antiguos de todas as modalidades e alumnos que queiran cambiar de modalidades. Os alumnos antigos que queiran matricularse nos prazos anteriores deberán traer o ingreso en banco formalizado. Alumnos novos e antigos (estes últimos, que non se matricularan nos seus prazos correspondentes): Do 21 ao 24 de setembro, alumnos de novos e antigos de todas as modalidades. Estes alumnos non deberán realizar o ingreso no banco ata confirmar praza. Segundo Prazo de Inscripción: Do 5 ao 3 de outubro nas modalidades con prazas libres. Outros Prazos de Inscripción: Unha vez finalizado o segundo prazo de inscripción, ábrese un prazo permanente durante todo o curso ata o mes de abril, inclusive. Dende o 10 ao 22 de cada mes, nas modalidades que indique o IMD, sempre que haxa prazas vacantes e cumprindo con todos os requisitos de inscripción.
Oficinas
Avda. de Castrelos 1 Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 15 de Xuño ata o 15 de Setembro. © Concello de Vigo
|
|||